g

Lorem ipsum dolor sit amet, consectetur adipiscing elit. Nunc odio purus, tempus non condimentum eget, vestibulum.

Follow
Top
AGOSTO 2018

V Festival Agrocuir

O Colectivo Agrocuir da Ulloa, colectivo organizador deste festival, ten como principal obxectivo visibilizar un rural afectivo e sexualmente diverso. Ademáis, aposta por mostrar, defender e dar valor a outros principios como a sostibilidade, o respecto ao patrimonio material e inmaterial, e o ecoloxismo; defendendo a diversidade, tanto social como natural.


Idea, dirección e produción pola muller de 6 ollos.

ROL

Dirección, operadora de cámara, storyboard e montaxe.

A campaña

Nunca un corno significou tanto. O corno é un símbolo, un corno que levamos todxs cando decidimos ser o que queremos ser, cando e donde nos pete. O noso corpo é noso, igual que a nosa decisión de vivilo en liberdade creando mundos diversos, que permiten a todxs vivir e deixar vivir.

A imaxe do festival é Aurora, de 83 anos. Coa imaxe que creamos conseguimos sacar de contexto a súa orientación sexual ou o que, por defecto, creemos que debe de ser ou sentir, deixando aberta a posibilidade de que a diversidade existe ainda que a nosa educación e prexuizos adquiridos non nos permitan velo en moitas ocasións.

A comarca da Ulloa

O Festival Agrocuir da Ulloa – e así o Colectivo Agrocuir da Ulloa, promotor do Festival – plantexan a súa actividade na Comarca da Ulloa, situada no centro xeográfico de Galicia e que comprende os concellos de Monterroso, Palas de Rei e Antas de Ulla, todos eles na provincia de Lugo. A comarca é atravesada polo Camiño de Santiago Francés e é un referente gastronómico. Tamén conta cunha chea de espazos naturais fermosos e de iniciativas agro ecolóxicas innovadoras que fan dela un lugar máxico

Imaxes cedidas do Agrocuir

A natureza do Agrocuir

Trátase dun festival sen ánimo de lucro, no cal a esencia é un mix entre unha romería galega e un orgullo lgtbiq+ posmoderno. Conta cun programa con concertos, teatro ó aire libre, baile, talleres…Todo isto nun espacio natural e nos puntos máis relevantes de Monterroso, como a Praza do Froito ou A Peneda.