g

Lorem ipsum dolor sit amet, consectetur adipiscing elit. Nunc odio purus, tempus non condimentum eget, vestibulum.

Follow
Top
AGOSTO 2019

VI Festival Agrocuir

«Hoxe cóidoo eu, onte estivo na casa de Arturo, o luns en casa de Antía e Laura e o domingo estará na casa de Paco e Tomás.»

Os dereitos e liberdades despois de conquistalos temos que coidalos. Nosoutrxs todxs coidamos da nosa liberdade, cada día está nunha casa, colocámola no noso salón, protexémola e cando se termina o noso día dámoslla á persoa seguinte da lista. Somos unha comunidade que defende a liberdade todos os días para que esté en todas as casas.


Idea, dirección e produción pola muller de 6 ollos.

ROL

Dirección, operadora de cámara, storyboard e montaxe.

O crowfouding

Nesta edición o tema central do festival é a comunidade, por iso o colectivo decide lanzar unha campaña de crowfounding.

En base a esta temática creamos un tótem fantástico («cuirpilla»), un corno que representa as nosas ansias por elixir, por ser e por sentir, o cal está coidado e protexido por unha comunidade que todos os anos nos mostra que todo é posible.

A campaña e imaxe

A acción para fomentar e visibilizar dentro da Ulloa, consiste en levar a «cuirpilla» (ou totem fantástico) de casa en casa. Recordando así unha tradición que ainda hoxe en día se mantén en moitas aldeas, pero non moitas xeracións coñece. Cada veciñx ten a «cuirpilla» uns días no seu fogar e logo cédella á seguinte persoa da lista para que a leve á súa casa.

Imaxes cedidas do Agrocuir
Imaxes do making of